xoves, 6 de decembro de 2018

FELIZ PONTE!!!!

Esta semana foi curta pero intensa...deixamos novidades para a volta...os traballos sobre a fotosíntese, o noso sistema solar, novas nos equipos de traballo ( agora to@s temos reaponsabilidades!!! )...
O buzón non para de traballar.. sempre que o abrimos hai mensaxes, privados ou para ler ante toda a clase..
Rematamos asistindo a unha obra de teatro protagonizada polos nosos compañeir@s de sexto de primaria sobre a nosa Constitución, que hoxe cumple 40 anos!!!! Seguimos celebrando a liberdade e a igualdade para tod@s. Feliz paréntese antes de nadal. Vémonos o luns...queda pouco para facer a primeira etapa desta viaxe... Ánimos e forza...e xa sabedes, sempre con ganas e ilusión!!!!

1 comentario: