venres, 19 de maio de 2017

Poesía con Miguel Ángel Alonso Diz







Escola e poesía...
Grazas Miguel Ángel por achegarnos versos, cantos e rimas, por asomarte e compartir con nós este anaquiño na escola. Por facernos xogar, sentir, cantar e rebelarnos coas palabras... pola maxia que esconden, polo sentido e sentimento que cada un de nós lles damos, por facernos perder o medo por sentir, dicir, reivindicar, soñar, escribir... porque a escola... a vida... precisa destes momentos.


martes, 16 de maio de 2017

XOGOS POPULARES NO COLE

Que mañá maravillosa tivemos cos xogos populares que organizou a nosa profe de Educación Física!!!!! Pasámolo xenial!!! Aquí a nosa participación. No blogue do cole, máis fotos.



































venres, 12 de maio de 2017

CRISTINA RECOMENDA...



Bos días, son Cristina.
Hoxe quero falarvos dun libro que me gustou moito. Titúlase Misterio en el Castillo DEL TERROR.  É o primeiro libro da colección de «Os tres investigadores». Neste libro tres rapaces, Júpiter, Peter e Bob, coñecidos por "os tres investigadores " van ter que pasar unha noite no castelo do terror para resolver o seu primeiro caso. O plan parécelles divertido...ata que descubren que o castelo pode estar realmente embruxado. ¿Serán capaces de quedarse no castelo, con ruídos, pantasmas, música fantasmal...ata descubrir a verdade, ou sairán correndo?
Se queres descubrilo invítote a ler esta emocionante historia.

venres, 5 de maio de 2017

LUCÍA TE ANIMA A LEER...


Hola, soy Lucía y hoy os voy a hablar sobre un libro muy bonito que escribió Popy Collins. Se titula Helecho en el Valle de la Estrella. Helecho prepara un campamento para su fiesta de cumpleaños,   pero cuando vuelven todas de dar un paseo en unos unicornios mágicos, ¡el campamento está destrozado! ¿Podrán arreglar el campamento a tiempo para salvar el cumpleaños?
Os animo a leerlo porque parece que eres tú el que vive la historia, como si todo sucediese de verdad.
¡Casi se me olvida! El libro trae una muñequita y pegatinas para vestirla .