mércores, 31 de outubro de 2018

BOA SORTE NA TÚA NOVA AVENTURA!!!

Hoxe despedimos á nosa compañeira Andrea Tamas, que seguirá a súa viaxe noutras terras. Fixémoslle un agasallo para que non esqueza os anaquiños de escola que vivimos xuntos e xuntas. É unha aperta de papel de tódolos seus compañeir@s e profes.
Andrea, moita sorte nesta nova etapa. Boa viaxe... Botarémosche de menos!!!!



SAMAÍN EN QUINTO!!!!!!

Terroríficos!!!!!






A última hora da mañá, baixamos ata a entrada do cole a ler as nosas historias de medo....entre todas as cabazas que todos os nenos e nenas do cole fumos traendo para a exposición!!!! 
Que medo pasamos!!!!!












FELIZ SAMAÍN A TOD@S!!!!

Protagonista da semana

A semana pasada comezamos unha nova actividade titulada "O protagonista da semana". Cada semana un neno ou nena da clase será o prtagonista e os demáis escribirán unha cualidade positiva do mesmo....porque todos e todas temos moito positivo que ofrecer ao grupo. A semana pasada tocoulle a Antonio...

E durante toda a semana fomos pegando as cualidades de Antonio:  agradable, intelixente, responsable, charlatán, cariñoso, veloz, guapo, bo compañeiro..... 



Este é o "noso" Antonio!!!!

mércores, 24 de outubro de 2018

KAHOOT

Hoxe pasámolo moi ben porque a primeira hora da mañá estivemos traballando cálculo mental e diferentes conceptos dunha forma diferente e divertida, co Kahoot. Acompañounos Leti, a coordinadora de TIC do cole, que nos da a coñecer novas formas de aprender usando as novas tecnoloxías.
O Kahoot funciona coma se fose un concurso. Recompensa a quen progresa nas respostas cunha maior puntuación. Pero fainos pensar, e así repasar conceptos xa traballados.
Xogamos na aula de informática do cole, pero podemos probar na casa usando un ordenador e unha tableta ou móvil.  O ordenador é a pantalla onde se plantexa a pregunta, os outros dispositivos son os que usamos para pulsar a resposta correcta, na que usamos un código de forma ou cor.
Foi moi divertido... esperamos xogar máis e repasar así o traballado na clase.






Aprendendo no patio do cole

Empezamos proxecto novo en Ciencias Naturais, as plantas, e como o tempo o permitiu, fixemos a primeira toma de contacto no noso patio do cole.... Somos uns privilexiados porque poidemos ver...tocar....tocar as partes das plantas...., e ir entre todos e todas elaborando as nosas propias anotacións sobre o terreno... Agora queda a reflexión individual na casa recordando todo o vivido e aprendido!!!



martes, 23 de outubro de 2018

DENTRO DO PLANETARIO...



O mércores pasado, 17 de outubro, tivemos unha actividade moi interesante no cole. Estivemos dentro dun planetario e proxectáronnos un video sobre o cambio climático que nos fixo reflexionar moito... Estas son algunhas das conclusións as que chegamos:

"Todos debemos poñer o noso graniño de area, por exemplo reciclando, reutilizando e reducindo os gases tóxicos para o medio ambiente. Se o noso planeta morre, nós tamén con él, porque é onde nacemos, vivimos e sempre viviremos se o coidamos. Se non se fai nada, o planeta seguirá quentándose. Como consecuencia, os glaciares derretiranse, o nivel do mar subirá, as especies, tanto animais coma vexetais, extinguiranse, e sen recursos, os humanos acabarán morrendo coa nosa Terra"
ANDREA ROCHA

"Os humanos estamos facendo que cambie o clima, a contaminación que causamos está a facer que suba a termperatura, esta traerá que o clima sexa máis hostil con choivas máis escasas pero máis fortes. A calor fará que se derrita o xeo dos polos, e desta forma aumentará o nivel do mar causando a inundación dos pobos costeiros. A vida será máis difícil para as persoas, haberá pouca comida e máis guerras. O cambío climático fará que a vida tal e coma é hoxe, desapareza."
HUGO MATO

"O cambio climático afecta a toda a Terra. Esto débese á contaminación. Ideas para mellorar: usar o transporte público, as bicicletas ou camiñar... aínda que debido ás circunstancias da vida dalgunhas persoas, non poderían facelo, pero sí potenciar o uso do coche eléctrico, ou viaxar varias persoas nun coche... Debido ao cambio climático o tempo, e dicir o clima, descontrólase e mentres unha parte da Terra quece, a outra pode enfriar. Coidando o planeta mellora a nosa vida, e a vida das seguintes xeracións"
IRIA VÁZQUEZ

venres, 5 de outubro de 2018

DESFRUTANDO DO TRABALLO EN EQUIPO

Xa estamos a tope nesta aventura!!!
Comezamos o noso primeiro proxecto de investigación e traballo en equipo... Non foi fácil organizarnos...poñernos de acordo...chegar a consensos...usar o ton de voz axeitado...pero seguro que con cada proxecto iremos conseguindo o clima de aula axeitado... Polo de agora estamos contentos e aprendendo moito!!!!