mércores, 22 de novembro de 2017

SEXTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


E seguimos viaxando polo noso continente

Siiiiiii!!!!!!! A nosa viaxe aínda non rematou... Visitamos cordilleiras e montes, que frío nos Montes Escandinavos!!!!, fixemos algunha excursión polos ríos de Europa..moitos son navegables...a moitos de nós gustounos o Volga..o máis longo do noso continente....agora estamos fixándonos en que o clima cambia segundo o país que visitemos...claro, Europa atópase entre dúas zonas climáticas, a temperada e a fría..
É unha viaxe maravillosa...xa temos a maleta cargada de recordos...











venres, 10 de novembro de 2017

Hoxe Cristina recoméndanos unha nova aventura...





WALLIAMS, D : La increíble historia de...La Abuela Gánster. Edt.MONTENA

Este libro trata dun neno chamado Ben que todos os venres estaba obrigado a pasalo coa súa aburrida avoa, mentres os seus pais pasábano en grande vendo o marivilloso baile de salón que Ben odiaba. Ben só quería ser fontaneiro. Un día, a avoa de Ben descubriu que era aburrida para o seu único neto e contoulle unha historia de cando ela era máis nova... roubaba moitas xoias. Así, a Ben foille interesando máis  e máis o tema ata que decidiu roubar as xoias dun castelo coa súa divertida avoa "gánster". Credes que Ben e a súa avoa conseguirán roubar as xoias do castelo? Que lle pasará ao final a súa avoa "gánster"?  

Este curso, cada un de nós a principio de curso trouxo un libro da nosa casa para poder ampliar a nosa biblioteca de aula.... Así temos moito donde elexir.... xa que temos máis libros na aula e tamén temos a biblioteca do cole. Este libro é de Noelia e a min pareceume un libro súper divertido e interesante. A cada paso que o vas lendo vaiche entrando máis intriga e non queres parar de ler. Recoméndovolo a todos/as para que poidades desfrutar con él tanto coma desfrutei eu.
Cristina Vázquez Castro
  
                                         

mércores, 1 de novembro de 2017

UN SEXTO TERRORÍFICO!!!!!

Onte celebramos o Samaín e o Magosto no cole. A nosa clase foi a contarlles unhas terroríficas adiviñas que inventamos por grupos aos nenos e nenas de 5 anos... Qué listos son!!!! Adiviñaron todas!!!! E vós???

















Feliz Samaín para todos e todas!!!!!!!