xoves, 15 de decembro de 2016

ARTE POR ARTE

Estamos aprendendo a gozar da arte...a percibir todas as sensacións que a cada un de nós  transmítenos...
Nesta ocasión, desfrutamos con Vincent Van Gogh, concretamente co seu cadro A habitación de Arlés. Observamos... sentimos... falamos... e animámonos a debuxalo. Foron agradables as sesións, desfrutando tamén doutra arte... a música... esa música de fondo, suave que nos axudaba a concentrarnos.
Cando rematamos o traballo fixemos un obradoiro de poesía. Nel buscamos entre todos e todas palabras que o cadro nos suxería e fómolas clasificando por categorías gramaticais. Despois, e xa individualmente, elaboramos un poema elixindo algunhas desas palabras.
Este foi o resultado!!!





 













xoves, 6 de outubro de 2016

O SISTEMA SOLAR

Este curso estamos a traballar en equipos. Somos tres equipos de catro persoas, e un de cinco. Facemos moitos traballos en grupo. Aquí vos deixamos a foto do primeiro traballo que fixemos en gran grupo... O sistema solar. Antes houbo un traballo previo de investigación sobre cada un dos planetas e una presentación oral de cada un deles. Así quedou o noso traballo!!



domingo, 18 de setembro de 2016

COMEZA A NOSA VIAXE


Apuntámonos nesta viaxe os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Monterroso.
No inicio da travesía houbo nervios, profes novas... curso novo... e aínda que xa nos coñecíamos case todos nós, gustounos coñecer que todos e todas valorámonos moito.

Aquí estamos !!!!!



Son Lucía,
a primeira luz do día.


Roi é o meu nome
e xa case son un home!

Chámome Uxía
e gústame a melodía.

Eu son Cristina
e gústame ir á piscina
coa miña madriña.


Chámome Sheila
e son moi trouleira.


Son Nerea,
a que cando le, non pestanea



Son Lorena,
a nena que máis entrena.

Chámome María
e como sandía.



Eu chámome Ania
e durmo con Tania.


Algún día irei a Níger,
por certo, son Iker!

Son Adriana
e canto con Ana


Son Arantxa,
e ando sempre sen una mancha.


Eu son Ángela, e vou á escola
tocando as castañolas.
Eu chámome Joseba,
o que o vento leva.
Que lío!!! Non son Adriana,
meu nome é Dayanna!!
Chámome Noelia
e toco a guitarra con Celia.

Chámanme Gaby, pero son Gabriela,
a nena de longa melena.