martes, 30 de xaneiro de 2018

DIA DA PAZ

Hoxe conmemoramos no centro o Dia da Paz e da Non Violencia, pero na nosa clase hai semanas que traballamos e reflexionamos sobre a importancia dunha educación diaria pola tolerancia, a solidariedade, a concordia o respecto, a non violencia e a paz.
No grupo de Valores elaboramos un diccionario no que recollimos palabras relacionadas coa paz e o significado que vimos máis axeitado. En relixión investigamos sobre persoas que foron importantes na loita pola paz como Nelson Mandela, Ghandhi, Martin Luther King, Teresa de Calcuta, Vicente Ferrer..

Hoxe pola mañá puxemos todo o aprendido en común e a importancia de loitar no noso día por esta paz ... Foi un momento bonito, onde escoitamos, falamos e sentimos....emocionámonos....

Despois asistimos con tódolos compañeiros/as do cole a concentración para cantar as nosas cancións pola paz diante do noso mural colectivo.

Aquí os momentos...








martes, 23 de xaneiro de 2018

E PARA O FRÍO....!!!!!

Que artistas!!!!!

Creando.. xogando coas formas xeométricas, coa grafomotricidade, coa perspectiva, coa cor, coas ceras Manley.....
A verdade e que estes días o que apetece é unha boa cunca de chocolate quente...
Que bonita composición!!!!!
Gústavos???


mércores, 17 de xaneiro de 2018

martes, 16 de xaneiro de 2018

A TOPE DE NOVO!!!

Feliz Ano!!!!!

Despois dunha semana de encontros e volta á rutina, volvemos a estar a tope iniciando novo proxecto en Naturáis... De volta ao traballo en grupo, as discusións, ao consenso, ás aprendizaxes, a investigación, á creatividade, ao murmurio....
Xa vos iremos contando...