sábado, 22 de xuño de 2019

... ATA PRONTO!!!!!

Este curso, Anacos de Escola despídese de  forma agridulce. Este blogue naceu neste centro de Monterroso, enchendo as súas páxinas cos anaquiños de escola vividos con dúas xeracións de rapaces e rapazas fantástic@s... Sen vós esto non existiría. Grazas a todos e a todas, tamén grazas a toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Monterroso por estes tres cursos fantásticos...pais, nais, mestres, mestras, conserxe, as diferentes institucións e organismos cos que colaboramos, a Cristina, educadora social do Concello... en fin a tod@s os que facedes posible e credes nunha educación compartida, vivencial e significativa.
Foi un pracer compartir tantos e tantos momentos...bos e malos...pero sempre loitando por unha educación de calidade onde os verdadeiros protagonistas sodes vós...os meus alumn@s que vaia onde vaia, levarei xa no meu corazón.
O próximo curso este blogue seguirá vivo, noutro centro, con outros protagonistas....pero contando mais e novos anacos de escola.

Grazas a todos e a todas!!!!!

FELIZ VERÁN!!!!

Rematamos chic@s!!! E quería agradecervos esta viaxe durante este curso. Tamén as vosas palabras...esas apertas de papel...esas emocións vividas... vós sodes o meu agasallo. Agora a descansar, desfrutar, soñar, ler, bailar, cantar, nadar.... E a seguir sendo como sodes...loitando polos vosos soños, con forza, porque estou segura de que conseguiredes chegar onde vós queirades.

Un bico moi gordo!!!!

venres, 21 de xuño de 2019

FESTIVAL FIN DE CURSO

Aquí a nosa actuación no Auditorio hoxe pola mañá.... Parabéns a tod@s e a nosa profe de música Bea!!!!!



xoves, 20 de xuño de 2019

OUTRA SORPRESA!!!!

Grazas de novo ao Taller da Ulloa!!!! Hoxe trouxéronnos o traballo que fixemos o outro día... Que ilusión nos fixo!!!!






















VISITA A BIBLIOTECA

Hoxe fomos con Cristina á Biblioteca Pública de Monterroso onde ela e Sagrario, a bibliotecaria, ensináronnos todas as novidades de lectura que chegaron.
Agora xa non temos desculpa para sumerxirnos en todas as historias fantásticas que nos ofrecen....
Xa tedes un plan para o verán!!!











mércores, 19 de xuño de 2019

O CORPO HUMANO

Noraboa a tod@s polos vosos traballos sobre o corpo humano... A verdade é que a evolución do voso traballo é moi bo. Tamén as vosas exposicións orais. Parabéns!!!!