venres, 22 de xuño de 2018

A PENEDA

Un dos mellores momentos do último día de curso, despois de chorar e chorar... despedirnos de compañeiros/as e profes .. foi ir A Peneda. Polo camiño pasamos das bágoas as risas e desfrutamos dun momento inolvidable. Fixemos fotos polo camiño e ao chegar seguimos rindo, falando, contando segredos....e ata bailamos!!. Quería agradecer as profes Susana e Raquel que trouxeron a comida que nos prepararon no cole e nos acompañaron neste momentiño de convivencia. Graciñas e sorte...sodes unhas profes xeniais!!! Aquí deixo ese recordo que sempre levarei no corazón. Grazas chicos e chicas!!!



GRADUACIÓN 6° PRIMARIA



Chegou o momento!!!! Hoxe estivemos de festa, un festival moi chulo con actuacións de tódolos cursos, presentadores de excepción e para finalizar... a graduación coa entrega de diplomas por parte da directora, Julia. Deixo o vídeo deste momento e ainda que o sonido non é o mellor, é un recordo moi bonito. Chicos e chicas, grazas polas vosas palabras!!!



martes, 19 de xuño de 2018

CHARLA SOBRE RESIDUOS

Hoxe, un grupiño de nenos e nenas do instituto viñeron a presentar o seu traballo sobre residuos e reciclaxe. Asistimos xunto aos nosos compañeiros/as de 5°EP. Foi moi interesante, recordándonos a importancia de reciclar para o futuro do noso planeta e de toda e todas nós.






Recollida...


Estes días estamos atareados recollendo os nosos traballos... Que penita!!!!! Agora si... chegando ao final da viaxe...










martes, 12 de xuño de 2018

LORENA UN BICO GORDO!!!!!

Menuda racha levamos....cando Ania xa está recuperándose, Lorena ponse maliña...
Esperamos que te recuperes rapidiño e poidas estar con nós nestes últimos días de clase.
                                Moitos bicos e apertas!!!!!!!!


venres, 8 de xuño de 2018

OXÍGENO SURF ENVÍA....

Mirade que enviou Oxígeno Surf!!! Graciñas.


Recordade que si queredes máis fotos, traede un lápiz de memoria para que as levedes

mércores, 6 de xuño de 2018

GRACIAS COGAMI!!!!!

Hoxe tivemos unha gran sorpresa porque trouxéronnos as libretiñas e o lapiceiros que aprendemos a facer nos talleres do 9 de maio...Fíxonos moita ilusión!!!! Ademáis, están personalizados. Polo que só nos queda agradecervos este agasallo!!!!!




luns, 4 de xuño de 2018

SEMANA DE TEATRO EN 6°E.P.

Ao longo desta semana, tres compañías de teatro compostas polos alumnos/as da nosa clase, representaremos as obras de teatro que estivemos preparando nos últimos días.
Así..martes, xoves e venres...teremos representacións en 6°  E.P!!!

venres, 1 de xuño de 2018

DENDE O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA...ATA A REVOLUCIÓN FRANCESA

Así quedaron os nosos traballos sobre A Idade Moderna!!!!!! Esta semana fixemos as presentacións do traballo na clase, e cada vez falamos mellor e con máis soltura ante un público. Aparece tamén o teu traballo, Ania... Esperamos que pronto poidas presentalo porque está moi ben e moi completo!!!














Este é o traballo de Ania... Cando veñas faremos a foto completa!