mércores, 13 de setembro de 2017

E por fin estamos en sexto!!!!!

Siiiiii!!!!! O luns comezamos a viaxe.... Este curso vainos acompañar un novo tripulante, pero que xa estivera con nós outros anos. Chámase Jorge e dámoslle a benvida.

Tamén desexámoslle moita sorte a dúas compañeiras que neste curso zarparán doutros portos. Adriana... Lucía... sabedes que vos queremos!!!!!! Non deixedes de estar en contacto con nós.
Alégrome de volver a tripular este barco e poder viaxar con todos e todas vós.


venres, 8 de setembro de 2017

NOVO CURSO...NOVAS AVENTURAS POR VIVIR

Comezamos unha nova travesía!!!! Esperamos que cargada de boas experiencias, aprendizaxes, convivencia.... Zarpamos o luns!!!!
Esperámosvos con moitas....moitas....ganiñas.
                                          Boa viaxeeeee!!!!