xoves, 22 de marzo de 2018

VISITA A ALIBÓS

O 15 de marzo, e como actividade final do proxecto sobre Actividade Económica de Ciencias Sociais, visitamos a fábrica de castañas da nosa localidade, ALIBÓS. Acompañáronnos os nosos compañeiros e compañeiras de 5° E.P. e aínda que tiñamos pensado ir a pé, levounos o autobús porque diluviaba.


A verdade é que poder ver en directo o traballado en clase foi unha grande aprendizaxe e agradecemos a Rocío e Lidia a atención que nos dedicaron e as súas explicacións.
O primeiro que nos sorprendeu, e que aínda sendo de aquí, non éramos connscientes de que non existe en España outra fábrica coma esta. Explicáronnos o proceso, dende que chegan as castañas en grandes camións dende diversos puntos de Galicia, León ou Portugal, ata que saen para ser utilizadas noutras empresas, que curiosamente están fóra de Galicia... Xapón, Suíza, Francia...
Chamounos tamén a atención, dentro de todo o proceso de pelado, a conxelación das castañas con nitróxeno líquido, tendo, ademais, o túnel máis longo desta forma de conxelación do mundo.
Quedáronnos claras moitas preguntas que levabamos pensadas, pero tamén a importancia que ten o plantar castiñeiros e repoboar a nosa terra con árbores autóctonas.
Agora deixamos a reportaxe fotográfica da visita.













martes, 20 de marzo de 2018

APRENDEMOS... TRABALLAMOS... DESFRUTAMOS...

Acordádesvos do proxecto que comezamos hai uns días en Ciencias Sociais? Xa está rematado!
Aprendemos moito sobre a actividade económica e os diferentes sectores de produción. Para elaborar este traballo, separámonos en tres grupos e cada grupo encargouse dun sector produtivo diferente. Fixemos maquetas de cada un deles e aprendemos tamén como se distribúen en España e en Europa..
- Para o sector primario fixemos unha maqueta onde representamos a gandaría, a agricultura, a pesca e a explotación forestal.



- O sector secundario representámolo cun exemplo do proceso do pan, e nun mapa de Europa expoñemos onde se concentran as diferentes actividades do sector.





- Para o sector terciario representamos os diferentes tipos de turismo, transporte e comercio así como a distribución por Europa.




Ao rematar, cada un dos grupos fixo unha exposición oral do traballo e Merce felicitounos polo avance que estamos demostrando cando falamos oralmente en público, porque cada día organizámonos mellor pero sobre todo polas ganas poñemos á hora de traballar...e a verdade...é que traballamos aprendendo e disfrutando.

venres, 2 de marzo de 2018

CONTANDO CONTOS...

Hoxe rematamos esta actividade cos nenos e nenas de 3 anos que comezamos no mes de febreiro. O Equipo Verde foi o que pechou estes momentos de lectura compartida entre os maiores e os pequenos do cole. Así que Dayanna, Joseba, Noelia e María compartiron os seus contos con todos e todas eles.






E como foi o último día preparámoslles unha sorpresa...baixando todos e todas para entregarlles un agasallo que fixemos na clase de Plástica... un marcapáxinas de origami a cada neno e nena de 3 anos para que teñan un recordo destes momentos e poidan usalos cos seus libros favoritos...
Grazas por estes días, pasámolo moi ben!!! Esperamos que eles tamén gozasen e que lles gustara o regaliño.


xoves, 1 de marzo de 2018

MOMENTIÑOS DE AULA

Que agustiño...coa que está caendo fóra...poder traballar no noso novo proxecto de Ciencias Sociais na aula....Moito estamos aprendendo!!!