xoves, 21 de decembro de 2017

BO NADAL!!!!

E despois deste día cargadiño de anacos de escola, dende a porta da nosa aula...desexamos a todos e a todas unhas moi Felices Festas!!!!!




E aquí deixamos o poema que escribimos nas nosas postais... 


Vémonos no 2018 para seguir vivindo máis momentiños xuntos, e poder seguir rindo, soñando, sentindo, celebrando, desfrutando e emocionándonos...

Bicos gordos para todos e todas!!!!!


A NOSA ACTUACIÓN!!!

E aquí o vídeo da panxoliña que cantamos en inglés xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de quinto!!!!





E parabéns aos nosos presentadores....Lorena e Iker. Xenial!!!!!







UN DÍA CHEO DE SORPRESAS!!!!

Viñeron Papá Noel e o Apalpador a visitarnos e deixáronnos un agasallo!!!











Entre todos fixemos o puzzle da árbore de Nadal e montámola no patio xunto aos demáis compañeiros do cole...cada clase tiña unha!!!





Así de "chula" quedou a nosa!!!! O traballo en equipo sempre da resultados!!!

OBRADOIRO DE POSTAIS

Benvido inverno!!!
   Benvido Nadal!!!!!

Asomádevos pola ventá da nosa aula....


.... e veredes o ben que estamos traballando hoxe no obradoiro de postais con música de Bill Douglas... Todo un luxo!!!! Que agustiño!!!!














domingo, 17 de decembro de 2017

PRIMEIRA ETAPA DA VIAXE

Rematando a nosa primeira etapa desta aventura por sexto de primaria. E satisfeitos co traballo e as aprendizaxes realizadas...

O percorrido por Europa...



Os nosos libros sobre o corpo humano...



venres, 1 de decembro de 2017

BENVIDO DECEMBRO!!!!

Hoxe tivemos unha mañá tremenda...!! Pode ser que sexa algo cedo...pero estabamos desexando comezar coa decoración da nosa clase... Ademáis este mes fixemos nós os equipos de traballo.. Aquí os preparativos...xa vos iremos contando e ensinando como vai quedando.







CONCURSO MATEMÁTICO

No concurso matemático de hoxe tivemos que resolver oito problemas. Eran moi sinxelos, pero aínda así, tivemos que "pelexar" con algún deles... A clasificación quedou da seguinte forma, aínda que todos  e todas aprendemos e desfrutamos moito:


Ouro para o equipo azul




Prata para o equipo verde


Bronce para o equipo vermello


Premio de consolación para o equipo amarelo