luns, 26 de xuño de 2017

FIN DA VIAXE DO CURSO 2016/2017

Chegamos a porto!!! Esta viaxe fantástica rematou. Foi unha experiencia incríble poder traballar con todos e todas vós. Logramos formar un gran equipo. Pero este só é un punto e seguido,,, porque o curso que vén volveremos a ter novos "anacos de escola" para ir enchendo este blogue de vivencias, traballos, investigacións, risas, cantos e contos... Vós sodes ... os e as protagonistas!!!!!

Todos e todas escribíchedes o que este curso significou para vós. Aquí o resumo:

Este curso foi...: curto, aprendizaxe, divertido, amizade, esforzo, interesante, entretido, divertido, impresionante, alucinante, indescriptible, chulo...

Coincido con todos e todas. Desfrutei moito traballando con vós. Seguide vindo ao cole con entusiamo, motivación, alegría, ganas... e xa sabedes.... se a iso poñémoslle atención, esforzo e responsabilidade ... todos e todas seredes o que desexedes ser.

Bicos mil!!!!!!!!!!!!!!!!! Pasade unas boas vacacións!!!!!!!!!!!!!

Merce





venres, 23 de xuño de 2017

FIN DE CURSO!!!!!!!

Hoxe foi un día especial!!!

Foi un día de emocións, risas, algunha que outra bágoa, actuacións, almorzo e despedida ata o próximo curso. Tivemos un montón de actividades programadas no cole.
Este é o video da nosa actuación de acrosport, que preparamos coa nosa profe de Educación Física, Fina.





























xoves, 22 de xuño de 2017

MICRORRELATO

Durante este curso, tódolos días escribiamos... Así fumos perdendo o medo a ter diante un folio en blanco e reforzabamos a ortografía... Usabamos a lingua que nos apetecía, galego ou castelá. Un destes escritos é de Cristina e gustounos tanto que compartímolo con vós. Trátase dun microrrelato. Desfrutádeo!!!!

La rutina de María

Cada día, María se levanta y se va al lavabo. Se lava la cara y se va a desayunar. Cuando termina de desayunar, se viste, se pone la mochila y se marcha. Al llegar al colegio, mira el horario y se va para la clase que le toca. Y, como siempre, llega tarde.
Cristina Vázquez Castro

martes, 20 de xuño de 2017

APRENDEMOS DEBUXANDO

Todos e todas coñecemos as ventaxas pedagóxicas do debuxo. Debuxar axuda a comprender mellor a ciencia, axuda a organizar o aprendido e involucra aos alumnos/as na aula facéndolles partícipes dunha aprendizaxe significativa. Desenvolve a nosa creatividade e imaxinación. Tamén axuda a comunicarse mellor porque actúa clarificando as ideas.
Nós utilizámolo moito na aula.. Axúdanos á resolución de problemas. Pero neste proxecto, usámolo para traballar, xunto con outros recursos, o tema da enerxía. Así quedou o tema.