venres, 23 de febreiro de 2018

CONTANDO CONTOS...

Hoxe é venres, e tocoulle ao Equipo Vermello ir á clase de 3 anos a contar os contos que trouxeron de cando eles/as eran pequenos/as...coma sempre, a experiencia para Roi, Ania, Uxía, Nerea e Ricardo foi moi enriquecedora... Aquí o recordo deses momentiños ...







martes, 20 de febreiro de 2018

O LABORATORIO NA AULA

Nerea tróuxonos un microscopio o que nos permitiu facer unha clase práctica do que estamos a traballar. Observamos mostras de sangue, musgo, follas, pel, pétalos de margarida, talos de flor....
Fixemos nós as pequenas mostras e debuxamos as células que observamos a través do microscopio, segundo as mostras observadas.







sábado, 17 de febreiro de 2018

CONTANDO CONTOS...

Este venres tocounos ao Equipo Azul (Jorge, Gabriela, Ángela e Cristina)  ir a contar contos aos nenos e nenas de tres anos. Coma sempre, case todos trouxemos os nosos libros favoritos que nos contaban a nós cando éramos pequenos. A verdade é que esta actividade encántanos!!!! Aquí as fotos que nos pasou a súa profe Leti.






xoves, 8 de febreiro de 2018

A CÉLULA

Por fin temos xa rematadas as nosas maquetas sobre a célula. Representamos unha célula vexetal e unha animal, e fixemos unha exposición oral sobre todo o que aprendimos sobre elas. Cada vez temos menos nervios á hora de falar ante os demáis e sentímonos máis seguros e seguras.
















QUE FRIO!!!!

E con este frío, nada mellor que facerlle caso ao noso Meco.... e vir en pixama ao cole..



venres, 2 de febreiro de 2018

CONTANDO CONTOS...

Hoxe é o día no que imos á biblioteca.. cambiamos os nosos libros.. lemos xuntos en silencio... E hoxe iniciamos unha nova actividade que durará todo o mes de febreiro.
Imos colaborar cos nenos e nenas de 3 anos para ler contos con eles!!! Algún de nós trouxemos o noso conto favorito de cando éramos pequenos.

Comezamos polo equipo amarelo, así que Lorena, Sheila, Arantxa e Iker iniciamos a actividade e baixamos a ler contos aos pequeniños/as do cole... Pasámolo xenial!!!!









Collage

Hoxe traballamos a técnica do collage... Este foi o resultado..