venres, 24 de febreiro de 2017

OBRADOIRO DE ANTEFACES



E chegou o Entroido 2017!!!

Pasámolo xenial con tódalas actividades organizadas no cole.
Na nosa aula, fixemos un Obradoiro de Antefaces. Así de bonitos quedaron...







Gozade moito estes días. Feliz Entroido!!!!!!

NOVO PROXECTO E NOVO INQUILINO

Estes días estamos preparando e traballando sobre un novo proxecto... O corpo humano... Para iso, Uxía trouxo algo excepcional!!!! Un cránio, un fémur e unha vértebra de verdade!!!! Grazas Uxía. Vimos as partes do cránio, exemplo de óso plano; o fémur como óso longo e os curtos como a vértebra.



                       
Tamén temos un novo inquilino na aula que nos axuda a completar a nosa aprendizaxe. Como chegou nestas datas quixemos que gozase tamén do Entroido.

Xa vos iremos contando...


O LIBRO DA SEMANA


Ola, son Sheila!! Esta semana escribo eu o comentario do libro e recoméndovos DIARIO DE GREG 7 Buscando plan... porque me pareceu moi entretido.

Trata sobre Greg e o seu mellor amigo Rowley, que buscan unha parella para ir á festa de San Valentín. Anímate e así saberás se atoparán a parella para a festa.

A mín o que máis me gustou foi cando fai de niñera dun neno e encérrao. Gustaríame que o levásedes porque ten moito sentido do humor.

xoves, 23 de febreiro de 2017

ESPAZO LIBRE DE MACHISMO

"Hoxe, os nenos e nenas de 5º de E.P. e a nosa mestra, decidimos secundar a campaña que leva por nome "Espazo libre de machismo".

Firmamos un manifesto onde nos comprometemos a estar atentos e atentas para garantir os dereitos e liberdades das compañeiras e compañeiros que formamos parte desta clase.

A partir de hoxe, denunciaremos calquera situación de trato desigual ou vexatorio que poidan sufrir as nosas compañeiras, facéndollo saber á nosa titora. Do mesmo xeito, non toleraremos ningunha actitude machista na nosa aula e trataremos de dar unha resposta conxunta para eliminar calquera tipo de comportamento machista.

Dende a nosa xuventude, queremos aportar a nosa forza e ilusión e contribuír á construción dunha sociedade onde non haxa diferenzas entre homes e mulleres.

Por todo isto e porque queremos estudar e aprender nun ambiente onde se cumpra a Declaración Universal de Dereitos Humanos, na que se expón, no seu artigo 2, que todas as persoas temos os mesmos dereitos e liberdades sen distinción algunha de sexo, declaramos oficialmente a nosa aula e o noso grupo como...

ESPAZO LIBRE DE MACHISMO






venres, 17 de febreiro de 2017

CONCURSO MATEMÁTICO


Case todos os venres facemos por grupos un concurso matemático. Os resultados desta semana foron...

Medalla de Ouro: Equipo verde.


   
Medalla de Prata: Equipo amarelo.




Medalla de bronce: Equipo vermello.



E... no cuarto posto: Equipo azul.



O LIBRO DA SEMANA


Cada venres, un ou unha de nós falamos do libro lido durante a semana ao resto de compañeiros e compañeiras. É unha forma de aconsellar libros que nos gustan.

A partir de agora, utilizaremos o blogue para deixar as nosas recomendacións. Hoxe Nerea escribe a súa.


Ola, son Nerea. O libro que vos recomendo esta semana é O diario de Nikki 5. Este libro pareceume moi entretido. Trata dunha nena chamada Nikki que está namorada dun compañeiro chamado Brandon. Pero unha compañeira súa, Mackenzie, faille a vida imposible porque tamén está namorada del. Que celos ten!
A quen elixirá Brandon?
Se queredes sabelo... animádevos e lede o libro.

venres, 10 de febreiro de 2017

AS PAISAXES DE ESPAÑA: RELEVO E HIDROGRAFÍA

Comezamos novo proxecto en Ciencias Sociais... Imos facer unha maqueta onde representemos o relevo e a hidrografía de España. Despois faremos unha exposición oral das diferentes paisaxes de España, apoiándonos na maqueta. Traballamos duro, pero mereceu a pena.



O proceso....










E por fin o resultado...

«A min este traballo ao principio pareceume moi complicado, pero co paso do tempo empeceime a relaxar moito máis . Eu na exposicion puxenme moi nervioso,creo que como case todos os meus compañeiros,pero ao final saiume ben » IKER.  
                                              
«A min ao principio o tema pareceume moi difícil pero logo, ao ir traballándoo coa maqueta relaxeime un pouco e á hora de facer a exposición oral, aínda que estaba moi nerviosa, ao final conseguín sacar o tema adiante. Aprendín moito» LUCÍA