xoves, 22 de marzo de 2018

VISITA A ALIBÓS

O 15 de marzo, e como actividade final do proxecto sobre Actividade Económica de Ciencias Sociais, visitamos a fábrica de castañas da nosa localidade, ALIBÓS. Acompañáronnos os nosos compañeiros e compañeiras de 5° E.P. e aínda que tiñamos pensado ir a pé, levounos o autobús porque diluviaba.


A verdade é que poder ver en directo o traballado en clase foi unha grande aprendizaxe e agradecemos a Rocío e Lidia a atención que nos dedicaron e as súas explicacións.
O primeiro que nos sorprendeu, e que aínda sendo de aquí, non éramos connscientes de que non existe en España outra fábrica coma esta. Explicáronnos o proceso, dende que chegan as castañas en grandes camións dende diversos puntos de Galicia, León ou Portugal, ata que saen para ser utilizadas noutras empresas, que curiosamente están fóra de Galicia... Xapón, Suíza, Francia...
Chamounos tamén a atención, dentro de todo o proceso de pelado, a conxelación das castañas con nitróxeno líquido, tendo, ademais, o túnel máis longo desta forma de conxelación do mundo.
Quedáronnos claras moitas preguntas que levabamos pensadas, pero tamén a importancia que ten o plantar castiñeiros e repoboar a nosa terra con árbores autóctonas.
Agora deixamos a reportaxe fotográfica da visita.













2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume ir a fabrica que temos aquí alibos
    Aprendin moito��

    ResponderEliminar