luns, 26 de xuño de 2017

FIN DA VIAXE DO CURSO 2016/2017

Chegamos a porto!!! Esta viaxe fantástica rematou. Foi unha experiencia incríble poder traballar con todos e todas vós. Logramos formar un gran equipo. Pero este só é un punto e seguido,,, porque o curso que vén volveremos a ter novos "anacos de escola" para ir enchendo este blogue de vivencias, traballos, investigacións, risas, cantos e contos... Vós sodes ... os e as protagonistas!!!!!

Todos e todas escribíchedes o que este curso significou para vós. Aquí o resumo:

Este curso foi...: curto, aprendizaxe, divertido, amizade, esforzo, interesante, entretido, divertido, impresionante, alucinante, indescriptible, chulo...

Coincido con todos e todas. Desfrutei moito traballando con vós. Seguide vindo ao cole con entusiamo, motivación, alegría, ganas... e xa sabedes.... se a iso poñémoslle atención, esforzo e responsabilidade ... todos e todas seredes o que desexedes ser.

Bicos mil!!!!!!!!!!!!!!!!! Pasade unas boas vacacións!!!!!!!!!!!!!

Merce





5 comentarios: