venres, 12 de maio de 2017

CRISTINA RECOMENDA...



Bos días, son Cristina.
Hoxe quero falarvos dun libro que me gustou moito. Titúlase Misterio en el Castillo DEL TERROR.  É o primeiro libro da colección de «Os tres investigadores». Neste libro tres rapaces, Júpiter, Peter e Bob, coñecidos por "os tres investigadores " van ter que pasar unha noite no castelo do terror para resolver o seu primeiro caso. O plan parécelles divertido...ata que descubren que o castelo pode estar realmente embruxado. ¿Serán capaces de quedarse no castelo, con ruídos, pantasmas, música fantasmal...ata descubrir a verdade, ou sairán correndo?
Se queres descubrilo invítote a ler esta emocionante historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario