venres, 17 de marzo de 2017

LIBRO DA SEMANA


Ola, son Ania. Hoxe vouvos presesentar o libro de Kika Superbruxa e don Quixote da Mancha.
Kika Superbruxa fixo un feitizo para que viñese o mismísimo don Quixote da Mancha, pero...está sementando un desastre, acompañado do seu escudero Sancho Panza co seu burro e o cabalo Rocinante. Conseguirá Kika devolvelos ao seu mundo?
A min pareceume bonito e divertido porque me rin moito cos desastres que facía don Quixote e o seu escudero. Lino moitas veces pero ségueme gustando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario