Viaxamos pola selva, pola taiga, polos desertos fríos e cálidos, bosques...e tamén viaxamos pola xeografía do noso país e da nosa comunidade.
Avanzamos no estudo da nosa lingua, descubrindo a maxia das palabras, describindo e escribindo textos en prosa e verso, lendo, imaxinando e soñando...
Fixemos compras usando números decimais e comezamos a medir... Aquí calculando superficies do noso cole.
Tamén falamos moito sobre nós mesmos e sobre as nosas actuacións e relacións cos demais intentando conseguir unha mellor convivencia, aceptándonos e aprendendo a resolver conflictos de forma axeitada. De feito, este últimos días estamos xogando tod@s xunt@s no recreo e pasámolo xenial.
Seguimos aprendendo noutros proxectos que remataremos cando volvamos a retomar a viaxe... A última etapa do camiño. Merece a pena esforzarse a tope porque a meta está cerca.
E xa sabedes o noso lema.....Tod@s podemos facer e conseguir o que queiramos... únicamente temos que querer facelo...
Así que vémonos de novo á volta con forzas e moita vontade de rematar a nosa andadura con moito esforzo e orgullos@s de todo o aprendido.
Gracias
ResponderEliminarAinda lle saliu mellor ca nos o ano pasado❤😘, que paseis unhas felices vacacións de semana santa❤
ResponderEliminar