venres, 28 de abril de 2017

XORNADA DE CONTACONTOS

Onte tivemos, durante toda a xornada, sesións de contacontos entre uns niveis e outros. Foi a actividade coa que imos pechando esta semana chea de historias... grandes e pequenas... coas que quixemos homenaxear ao noso amigo, O LIBRO. 
Nós estivemos preparando un conto de Miguel Ángel Alonso Diz e ilustrado por Luz Beloso: O soño de Esther. Contámoslles o conto aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º E.P., pero outros grupos tamén poideron velo. Esperamos que disfrutedes vendo o vídeo igual que o fixemos nós preparándoo.












DÍA DO LIBRO

Para celebrar o 23 de abril, Día do Libro, na nosa clase e no cole, tivemos moitas actividades ao longo da semana. O primeiro foi investigar sobre o por que da celebración do día do libro nesta data, e aínda que algo xa sabiamos, descobrimos algún dato interesante; pero o que realmente buscabamos con esta celebración, é seguir animándonos a todos e todas a seguir lendo e descobrindo o placer pola lectura. Con todo o investigado sobre este día, fixemos na clase unha posta en común e temos expostos os nosos traballos no taboleiro de clase.


No medio do taboleiro podedes ver os marcapáxinas. Ángela explicounos como facelos coa técnica do origami.



Na entrada do cole, colocamos os nosos carteis publicitarios sobre o Día do Libro. Aproveitamos o traballo na aula sobre a publicidade para elaborar os nosos carteis, que adornan o quiosco.



Outra das actividades que máis nos gustaron foi a poder escribir na parede sobre o que é para nós un libro. nesta actividade participou todo o cole e podemos dicir que temos unha parede chea de graffitis. Merece a pena vir e lelos.




Tamén podemos atopar na entrada os libros das Mochilas Viaxeiras de tódolos niveis, xusto debaixo do Xuramento Lector, que todos e todas asumimos.



venres, 21 de abril de 2017

ANÍMATE CON ESTE LIBRO!!!


Ola, son Àngela!!
Hoxe preséntovos un libro titulado Harry Potter e a pedra filosofal. Trata de Harry, un neno mago que vive cos seus tíos . Un día chégalle unha carta do director da Escola de Maxia e Harry acepta a invitaciòn . No tren coñece a uns compañeiros chamados Ron e Hermione . Un día na escola danse conta de que un profesor quere roubar unha pedra máxica. Os tres amigos intentan recuperala ... Poderán sobrevivir aos feitizos do profesor ?

xoves, 20 de abril de 2017

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe asistimos, xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6°E.P. a unha charla sobre as posibilidades que nos ofrece internet; pero tamén sobre os seus perigos. Foi moi interesante. Agora xa coñecemos máis sobre este mundo, e terémolo en conta para poder... «Navegar con rumbo».




venres, 7 de abril de 2017

BOA SEMANA!!!

Xa finalizou o segundo trimestre. Foi longo e fixemos un montón de cousas... Aprendimos, experimentamos, xogamos, traballamos duro... pero esto non acaba aquí, porque aínda nos quedan meses para seguir creando, pensando, aprendendo e disfrutando desta viaxe!!!!!
Síntome afortunada de poder formar parte dela con todos e cada un de vós.
Vide con moita forza e ganas!!!!!

PRIMAVERA NA CLASE!!!

Recordades os traballos de grafomotricidade que facíamos cando eramos pequen@s?
Con papeis de cores e grafo chegou por fin a primavera a nosa clase!!!!





CONTAMOS UN CONTO?

Hoxe contamos contos coa Lámpada de historias. Gustounos moito.... xa vos iremos contando algún.
Apagamos as luces...e comenzaron a saír imaxes proxectadas na pizarra... a partir de ahí... todo é deixar voar a imaxinación.






ANÍMATE CON ESTE LIBRO!!!


Ola! Eu son Uxía. Hoxe presento un libro de Rocío Leira Castro: Universo Pitágoras.
É divertido ,entretido e diferente porque ao final da introdución, tes un acertixo. A súa solución é un número e ese número é o número do capítulo ao que tes que ir. Isto repítese en cada capítulo
Un día pola noite, Xiana está durmindo na súa cama. Uns números entran pola fiestra e levan a Xiana ao planeta Pitagorín. Alí, no planeta Pítagorin, os números dicen que para volver a casa ten que atravesar 8 portas. Para atravesar cada porta Xiana ten que resolver un acertixo. Pero...conseguirá saír daquel mundo de tolos?

xoves, 6 de abril de 2017

UNIDADES DE MASA E CAPACIDADE

                           
 


Por se queredes practicar, e para que non se vos olvide, déixovos a escaleira que temos na clase das unidades de masa e capacidade.
Nos enlaces podedes acceder a unha páxina onde atoparedes un montón de xogos sobre este tema.

Ánimo, que xa o tedes dominado!!!


EXPERIMENTANDO NA AULA


Hoxe convertimos a aula nun pequeno laboratorio onde estivemos practicando o aprendido en Ciencias Naturais sobre a materia, a masa, o volume, a densidade e a flotabilidade de diversos corpos.
Angela e Nerea trouxeron tamén o experimento que fixemos en casa para observar a densidade da area, da auga e do aceite...


















luns, 3 de abril de 2017

Semana Escolar da Árbore e da Auga.






Coa celebración da 6ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, houbo diversas actividades no centro, que remataron o venres 24 de marzo, cando os nosos compañeiros e compañeiras de 6º de E.P. plantaron un ameneiro. A Deputación de Lugo aporta diverso material, e nós pasamos a cómic o conto Salven os ameneiros. Así de ben quedaron!!!

LAPBOOK SOBRE O CORPO HUMANO

Un LAPBOOK é unha especie de libro desplegable (coma se fose un tríptico) no que dun xeito visual e creativo traballamos sobre un tema. Faise a partir dunha base de cartolina que permitirá desenvolver ou expoñer un tema. No interior, imos recompilando debuxos, fotos, esquemas, desplegables...relacionados co tema en cuestión e ímolo pegando. Deste xeito aprendemos manipulando e interactuando coa información.
É un bo recurso para compartir a aprendizaxe e favorece o traballo en equipo. Con esta ferramenta, convertímonos en protagonistas da nosa propia aprendizaxe á vez que logramos asimilar mellor os contidos.

Este é o noso primeiro lapbook en gran grupo. Levounos varios días de traballo pero estamos satisfeitos co resultado. O tema foi O corpo humano e as súas función vitais; o aparello locomotor e o sistema nervioso.


O PROCESO...







O RESULTADO:

















Nesta parte, Función de Reprodución, traballou tamén Dayanna, que non estivo na presentación por atoparse maliña, por iso non está na foto.






















Se queredes velo, está exposto no corredor do primeiro andar, ao lado da nosa aula. Esperamos que vos guste!!!!