Anacos de Escola. . . un lugar . . . un tempo de encontro, intercambio, aprendizaxe, de ideas, risas, cantos e contos. . . de soños soñados. . .
xoves, 31 de maio de 2018
BICOS MIL PARA ANIA!!!!!!!
Ania, mandámosche moitos bicos e moitos ánimos!!!!!!!!. Queremos que collas moita forza para que poidas estar con todos e todas nós moi pronto.
Querémosche moito!!!!!!!!! Bicos....apertas....achuchóns de parte de todos e todas; compañeiros...compañeiras .. e profes!!!!!!!!
martes, 22 de maio de 2018
Á PRAIA!!!!!!
Día espectacular na Praia de Esteiro. Chegamos sobre as 11:00 horas. A algun/ha de nós costounos poñer o traxe de neopreno....pero conseguímolo!!!
E xa a probar a auga!!!!! Eso sí, despois de calentar correndo e facendo exercicios na area. Dividímonos en dous grupos e así todos e todas probamos o surf e o paddlelsurf. Disfrutamos moitísimo...unha experiencia para non olvidar!!!!
Agradecementos aos monitores, que tamén estiveron pendentes de nós todo o tempo. Haberá máis fotos.... Este é un aperitivo case en tempo real!!!
mércores, 16 de maio de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
" A miña relación con Galicia
e a miña opción pola súa lingua
é simplemente unha historia de amor"
MARÍA VICTORIA MORENO
PRIMEIROS AUXILIOS
O pasado xoves, os nenos e nenas de sexto asistimos a un taller ofertado pola ANPA de primeiros auxilios. Resultounos do máis interesante. Gracias!!! E por suposto, gracias a Teresa e Inés por ensinarnos como podemos facer...con tan pouco....MOITO por salvar unha vida.
domingo, 13 de maio de 2018
APRENDENDO NOS TALLERES DE COGAMI
Este mércores acudimos a COGAMI e ensináronnos moitas cousas!!!!!
COGAMI é a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, e aquí, en Monterroso teñen talleres tódalas tardes.
Son uns artistas e traballan soamente con papel e cartón. Cada un de nós axudamos nas diferentes fases para elaborar libretiñas e papel reciclado.
Gracias a todas e todos, chicos e chicas...a vós e aos vosos monitores/as e preparadores/as. Estivemos moi cómodos e aprendimos moito.
Dividímonos en dous grupos. Antes do recreo estivemos o primeiro grupo..

Despois do recreo, o segundo grupo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)