Hoxe tivemos un obradoiro moi interesante: Habilidades sociais para fomentar a convivencia e o respeto.
Foi un taller de dúas sesións organizado pola ANPA do centro. Nós estivemos cos nosos compañeir@s de sexto. Nel falamos e experimentamos coas emocións e a importancia de coñecelas tanto en nós mesmos coma nos demais para poder mellorar a nosa convivencia. Fixemos xogos, e simulamos situacións reais que nos fixeron reflexionar sobre as nosas reaccións cando sentimos alegría, tristeza, ira, medo... Agradecemos moito a Helena o seu traballo e as actividades que nos plantexou, porque ademais de facernos pensar sobre nós e sobre como reaccionamos cos demáis foron moi divertidas.
Alegrámonos que vos gustase, quizás sexa o primer taller de moitos.
ResponderEliminarSempre podedes enviarnos suxerencias de actividades ao buzón da anpa e atenderemos as vosas inquedanzas na medida do posible.
Ainhoa
Que ben
ResponderEliminar