venres, 10 de febreiro de 2017

AS PAISAXES DE ESPAÑA: RELEVO E HIDROGRAFÍA

Comezamos novo proxecto en Ciencias Sociais... Imos facer unha maqueta onde representemos o relevo e a hidrografía de España. Despois faremos unha exposición oral das diferentes paisaxes de España, apoiándonos na maqueta. Traballamos duro, pero mereceu a pena.



O proceso....










E por fin o resultado...

«A min este traballo ao principio pareceume moi complicado, pero co paso do tempo empeceime a relaxar moito máis . Eu na exposicion puxenme moi nervioso,creo que como case todos os meus compañeiros,pero ao final saiume ben » IKER.  
                                              
«A min ao principio o tema pareceume moi difícil pero logo, ao ir traballándoo coa maqueta relaxeime un pouco e á hora de facer a exposición oral, aínda que estaba moi nerviosa, ao final conseguín sacar o tema adiante. Aprendín moito» LUCÍA



 






 

 







venres, 13 de xaneiro de 2017

OS ECOSISTEMAS

Que ben o pasamos estudando este tema!! En parellas e pequenos grupos escollimos un dos ecosistemas terrestres e acuáticos e os representamos con plastilina e outros materiais. En cada un deles fixemos todos os compoñentes dos ecosistemas, así como  un exemplo dunha cadea alimentaria para poder explicar o papel dos seres vivos nos mesmos.

Aquí deixamos as fotos do proceso...












E por fin o resultado final!!!!


Deserto Cálido
Autoras: Lucía e Uxía

A sabana
Autor/a: Íker e Cristina

O deserto frío
Autoras: Noelia e Nerea


Auga salgada e Auga doce
Autor/as: María, Adriana, Lorena, Sheila e Joseba
A selva
Autoras: Ángela e Ania

Bosque temperado
Autor/a: Roi e Dayanna.

A taiga
Autoras: Arantxa e Gabriela



Despois fixemos unha exposición oral... Que nerviosos/as poñémonos... !!!!

Por certo!!!! Recordade... Coidemos o planeta para preservar os ecosistemas!!! O futuro está nas nosas mans.

xoves, 15 de decembro de 2016

ARTE POR ARTE

Estamos aprendendo a gozar da arte...a percibir todas as sensacións que a cada un de nós  transmítenos...
Nesta ocasión, desfrutamos con Vincent Van Gogh, concretamente co seu cadro A habitación de Arlés. Observamos... sentimos... falamos... e animámonos a debuxalo. Foron agradables as sesións, desfrutando tamén doutra arte... a música... esa música de fondo, suave que nos axudaba a concentrarnos.
Cando rematamos o traballo fixemos un obradoiro de poesía. Nel buscamos entre todos e todas palabras que o cadro nos suxería e fómolas clasificando por categorías gramaticais. Despois, e xa individualmente, elaboramos un poema elixindo algunhas desas palabras.
Este foi o resultado!!!