Nesta ocasión, desfrutamos con Vincent Van Gogh, concretamente co seu cadro A habitación de Arlés. Observamos... sentimos... falamos... e animámonos a debuxalo. Foron agradables as sesións, desfrutando tamén doutra arte... a música... esa música de fondo, suave que nos axudaba a concentrarnos.
Cando rematamos o traballo fixemos un obradoiro de poesía. Nel buscamos entre todos e todas palabras que o cadro nos suxería e fómolas clasificando por categorías gramaticais. Despois, e xa individualmente, elaboramos un poema elixindo algunhas desas palabras.
Este foi o resultado!!!
Impresionante!!!!! Parabéns!!!!! Que actividade tan boNITA.Profe, segue a loitar, coma sempre.
ResponderEliminarAproveitade nenos e nenas. Disfrutade da arte!!!! Parabéns!!!!