domingo, 17 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Esta semana, traballamos a prensa cos xornais, lendo, escribindo, xogando...
Comezamos cunha enquisa para coñecer os nosos hábitos lectores en canto a xornais. Despois da posta en común descobrimos que en xeral lemos pouco o xornal, nin en papel nin dixital e que nos enteramos das noticias pola tele.
Así que comezamos polos xornais que coñeciamos, seccións que ten un xornal, identificándoas, lendo e elexindo cal nos interesa máis...houbo diferentes opcións neste tema.
Fixemos xogos buscando para cada titular unha foto, aprendemos e analizamos a estrutura da noticia; a entendelas e escribilas mellor grazas á parrilla de Sophie Moirand; xogamos a inventar titulares, e a redactar noticias cando é o titular o que manda... Foi unha semana intensa, onde tivemos a sorte de ter a diario a prensa fresquiña para ler, opinar, e coñecer o que está a suceder ao noso arredor e no mundo. Ademais, na entrada do cole desfrutamos lendo xornais de diferentes paises, non só españois, coma Le Monde, The New York Times...



























1 comentario: