xoves, 22 de novembro de 2018

APRENDENDO NO TALLER DA ULLOA

Onte fumos a aprender ao Taller da Ulloa. Este é un taller prelaboral ubicado no Espazo Cultural Lorenzo Varela, e pertence á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI LUGO).
Neste taller aprendimos a facer papel reciclado, fixemos un lapiceiro e  un caderno de notas.... soupo a pouco... pasounos moi rápido, pero esperamos voltar para que nos ensinen a facer papel de augas.
Fumos andando en dous grupos, e tivemos moita sorte, porque non choveu nadiña...
Agradecemos a Luis, Sofía, Teresa, Ángel, Eitor, Fátima, Vicente, Raúl e Ana, que nos axudaron na nosa labor.... e como non, aos responsables do Taller, Mirta e Javi.
Esperamos voltar!!! Graciñas!!!




























3 comentarios: