WALLIAMS, D : La increíble historia de...La Abuela Gánster. Edt.MONTENA
Este libro trata dun neno chamado Ben que todos os venres estaba obrigado a pasalo coa súa aburrida avoa, mentres os seus pais pasábano en grande vendo o marivilloso baile de salón que Ben odiaba. Ben só quería ser fontaneiro. Un día, a avoa de Ben descubriu que era aburrida para o seu único neto e contoulle unha historia de cando ela era máis nova... roubaba moitas xoias. Así, a Ben foille interesando máis e máis o tema ata que decidiu roubar as xoias dun castelo coa súa divertida avoa "gánster". Credes que Ben e a súa avoa conseguirán roubar as xoias do castelo? Que lle pasará ao final a súa avoa "gánster"?
Este curso, cada un de nós a principio de curso trouxo un libro da nosa casa para poder ampliar a nosa biblioteca de aula.... Así temos moito donde elexir.... xa que temos máis libros na aula e tamén temos a biblioteca do cole. Este libro é de Noelia e a min pareceume un libro súper divertido e interesante. A cada paso que o vas lendo vaiche entrando máis intriga e non queres parar de ler. Recoméndovolo a todos/as para que poidades desfrutar con él tanto coma desfrutei eu.
Cristina Vázquez Castro
Que guapa eres Cristina!!!!!!
ResponderEliminarGracias
ResponderEliminar