Para celebrar o 23 de abril, Día do Libro, na nosa clase e no cole, tivemos moitas actividades ao longo da semana. O primeiro foi investigar sobre o por que da celebración do día do libro nesta data, e aínda que algo xa sabiamos, descobrimos algún dato interesante; pero o que realmente buscabamos con esta celebración, é seguir animándonos a todos e todas a seguir lendo e descobrindo o placer pola lectura. Con todo o investigado sobre este día, fixemos na clase unha posta en común e temos expostos os nosos traballos no taboleiro de clase.
No medio do taboleiro podedes ver os marcapáxinas. Ángela explicounos como facelos coa técnica do origami.
Na entrada do cole, colocamos os nosos carteis publicitarios sobre o Día do Libro. Aproveitamos o traballo na aula sobre a publicidade para elaborar os nosos carteis, que adornan o quiosco.
Outra das actividades que máis nos gustaron foi a poder escribir na parede sobre o que é para nós un libro. nesta actividade participou todo o cole e podemos dicir que temos unha parede chea de graffitis. Merece a pena vir e lelos.
Tamén podemos atopar na entrada os libros das Mochilas Viaxeiras de tódolos niveis, xusto debaixo do Xuramento Lector, que todos e todas asumimos.
:(
ResponderEliminar