venres, 21 de decembro de 2018

BO NADAL!!!



Dende a porta da nosa clase, tod@s os nen@s de 5°E.P. desexámosvos unhas moi Felices Festas!!!!

21 DE DECEMBRO

Hoxe chega o inverno e con él as vacacións de Nadal. Aquí as fotos dos diferentes momentiños vividos...
Os nosos calcetíns navideños. Cada un deles contén un desexo non material para este Nadal...porque nestas datas queremos calorciño de familia e amig@s.





Vimos unha peli e.... Achegouse Papá Noel. Deunos un agasallo a cada un e unha de nós!!! 




A nosa actuación no festival ... Cantando cos nosos compañeir@s de sexto a canción que preparamos coa nosa profe de música Bea.

xoves, 20 de decembro de 2018

INVERNO

Traballando hoxe pola mañá... Na nosa clase nótase que o inverno xa está ahí.


PREPARANDO APUNTES...

Outra forma de ter o noso traballo organizado...esta vez os determinantes... Xa utilizamos este método coas fraccións... Así da máis gusto revisalos..







martes, 18 de decembro de 2018

SISTEMA SOLAR

Por fin temos na clase, xa, o noso Sistema Solar, no que participamos todos e todas...


venres, 14 de decembro de 2018

O NADAL ESTÁ CHEGANDO A NOSA CLASE

Hoxe comezamos cos preparativos de Nadal. Fixemos unha postal e cada un escribiu un poema. Aprendimos a facer un acróstico. Ademáis a clase empeza a cambiar... Mirade a quen temos na nosa fiestra!!! Pasámolo xenial traballando, quentiños, con música... Estamos a ver que aprender se facémolo con ganas é moi divertido.





PROTAGONISTAS DA SEMANA

Esta semana os protagonistas foron Norberto e Ángel. Dous compañeiros fantásticos que por sorte forman parte do noso grupo. Así son para nós...

NORBERTO

Norberto é agradable, divertido, intelixente, listo, responsable...



ÁNGEL

Ángel é guapo, divertido, bo compañeiro, feliz, caluroso...