sábado, 15 de setembro de 2018

VISITA SORPRESA

Pouco a pouco imos organizándonos e adaptándonos, creando un ambiente no que todos e todas podamos traballar tranquilos e cómodos. Chegamos a acordos, organizamos espazos e material, consensuamos normas que nos axuden a convivir uns cos outros, a ser máis autónomos, a aproveitar o tempo de forma eficaz... 

E este venres, en medio deste traballo tivemos unha visita sorpresa. Unhas compañeiras de viaxe destes dous anos viñeron ao cole!!!! Que ilusión!!!! 
Foi un momentiño moi especial que aproveitaron os novos viaxeiros facéndolles preguntas, consultando as súas dúbidas, pedíndolles consellos..... 







Moitas grazas, chicas!!!!!!



martes, 11 de setembro de 2018

MAÑÁ PARTIMOS!!!

Xa temos todo preparado!!!!


Emocionad@s por comezar unha nova viaxe... De enchela de novas aventuras, experiencias... De moitos anaquiños de escola...

Pero antes de partir quería desexar o mellor aos meus queridos compañeiros/as de viaxe destes dous últimos cursos... Eles tamén emprenden outra moi importante nas súas vidas...Moita sorte!!!! Quérovos!!!!!


venres, 22 de xuño de 2018

A PENEDA

Un dos mellores momentos do último día de curso, despois de chorar e chorar... despedirnos de compañeiros/as e profes .. foi ir A Peneda. Polo camiño pasamos das bágoas as risas e desfrutamos dun momento inolvidable. Fixemos fotos polo camiño e ao chegar seguimos rindo, falando, contando segredos....e ata bailamos!!. Quería agradecer as profes Susana e Raquel que trouxeron a comida que nos prepararon no cole e nos acompañaron neste momentiño de convivencia. Graciñas e sorte...sodes unhas profes xeniais!!! Aquí deixo ese recordo que sempre levarei no corazón. Grazas chicos e chicas!!!



GRADUACIÓN 6° PRIMARIA



Chegou o momento!!!! Hoxe estivemos de festa, un festival moi chulo con actuacións de tódolos cursos, presentadores de excepción e para finalizar... a graduación coa entrega de diplomas por parte da directora, Julia. Deixo o vídeo deste momento e ainda que o sonido non é o mellor, é un recordo moi bonito. Chicos e chicas, grazas polas vosas palabras!!!



martes, 19 de xuño de 2018

CHARLA SOBRE RESIDUOS

Hoxe, un grupiño de nenos e nenas do instituto viñeron a presentar o seu traballo sobre residuos e reciclaxe. Asistimos xunto aos nosos compañeiros/as de 5°EP. Foi moi interesante, recordándonos a importancia de reciclar para o futuro do noso planeta e de toda e todas nós.






Recollida...


Estes días estamos atareados recollendo os nosos traballos... Que penita!!!!! Agora si... chegando ao final da viaxe...