martes, 18 de xuño de 2019

TALLER DA ULLOA

Gracias de novo a tódolos integrantes do taller da Ulloa. A semana pasada volvimos a traballar e aprender con eles. Como novidade fixemos papel de auga e serigrafía...








































































domingo, 16 de xuño de 2019

SEMANA CARGADIÑA DE ACTIVIDADES!!!

Estamos a rematar o curso e tivemos unha semana cargadiña de actividades onde aprendemos e desfrutamos moito...

CONSTRUÍNDO IGUALDADE

A través de Cristina, educadora social do Concello, aprendemos, desfrutamos e reflexionamos sobre igualdade. Organizou dúas sesións de traballo impartidas por Paula nas que vimos que nesta sociedade evolucionamos moito, pero que aínda queda moito traballo por facer neste terreo.








PROGRAMA DIRECTOR
A Garda Civil deunos unha charla sobre o uso de internet, dos perigos das redes sociais e dos xogos en liña. Foi moi interesante.




MIGALLAS
E o venres desfrutamos, cantamos e rimos con Migallas e o seu Pan de Millo













mércores, 5 de xuño de 2019

MARIÑEIROS POR UN DÍA

O mércores 8 de maio fumos de excursión cos nosos compañeir@s de sexto de primaria a Celeiro, Viveiro. Non so pasámolo xenial, senón que aprendemos moito na lonxa, de como venden o peixe que pescan no Gran Sol, do equipo de  rescate do Pesca II, do furtivismo e de como se pesca a merluza do pincho....pero o que é máis importante..... de desfrutar dunha xornada de aprendizaxe diferente cos nosos compañeiros e compañeiras e coas nosas mestras, Esperanza, Verónica e Merce.
Gracias a todos e a todas por este día maravilloso!!!














martes, 4 de xuño de 2019

Autobiografías

Este curso escribimos moito... Distintos tipos de narracións, descricións, obriñas de teatro, poemas... Agora ao final, traballamos a diferencia entre biografía e autobiografía e.... Animámonos a escribir a nosa!!!
Así que... aínda que hoxe non é o día en que facemos o Taller de Escritura aquí estamos...escribindo a nosa vida mentres escoitamos música para centrarnos. Para acordarnos de momentiños vividos, trouxemos fotos que tamén nos axudan na nosa escritura.




UN BICO PARA HUGO MATO!!!!

Hoxe queremos mandarlle moitos ánimos, forzas, bicos e apertas ao noso compañeiro Hugo. Mellórate pronto... esperámoste!!!
Un bico de tod@s os teus compañeir@s e profes!!!!!