xoves, 20 de decembro de 2018

PREPARANDO APUNTES...

Outra forma de ter o noso traballo organizado...esta vez os determinantes... Xa utilizamos este método coas fraccións... Así da máis gusto revisalos..







martes, 18 de decembro de 2018

SISTEMA SOLAR

Por fin temos na clase, xa, o noso Sistema Solar, no que participamos todos e todas...


venres, 14 de decembro de 2018

O NADAL ESTÁ CHEGANDO A NOSA CLASE

Hoxe comezamos cos preparativos de Nadal. Fixemos unha postal e cada un escribiu un poema. Aprendimos a facer un acróstico. Ademáis a clase empeza a cambiar... Mirade a quen temos na nosa fiestra!!! Pasámolo xenial traballando, quentiños, con música... Estamos a ver que aprender se facémolo con ganas é moi divertido.





PROTAGONISTAS DA SEMANA

Esta semana os protagonistas foron Norberto e Ángel. Dous compañeiros fantásticos que por sorte forman parte do noso grupo. Así son para nós...

NORBERTO

Norberto é agradable, divertido, intelixente, listo, responsable...



ÁNGEL

Ángel é guapo, divertido, bo compañeiro, feliz, caluroso...





A FOTOSÍNTESE

Aquí están os nosos traballos sobre a fotosíntese. Imos mellorando no traballo en equipo e sendo conscientes que para facer unha exposición oral sobre os mesmos todos e todas temos que traballar moito.






xoves, 6 de decembro de 2018

PROTAGONISTAS DA SEMANA

Aínda que a semana foi curta, tivemos dous protagonistas de excepción: Lucas e Hugo Diéguez.  Dous compañeiros que tamén vale a pena coñecer porque teñen moito que aportar... Así é como os vemos...

Este é o noso compañeiro Lucas:



Este é o noso compañeiro Hugo.




FELIZ PONTE!!!!

Esta semana foi curta pero intensa...deixamos novidades para a volta...os traballos sobre a fotosíntese, o noso sistema solar, novas nos equipos de traballo ( agora to@s temos reaponsabilidades!!! )...
O buzón non para de traballar.. sempre que o abrimos hai mensaxes, privados ou para ler ante toda a clase..
Rematamos asistindo a unha obra de teatro protagonizada polos nosos compañeir@s de sexto de primaria sobre a nosa Constitución, que hoxe cumple 40 anos!!!! Seguimos celebrando a liberdade e a igualdade para tod@s. Feliz paréntese antes de nadal. Vémonos o luns...queda pouco para facer a primeira etapa desta viaxe... Ánimos e forza...e xa sabedes, sempre con ganas e ilusión!!!!