venres, 14 de decembro de 2018

O NADAL ESTÁ CHEGANDO A NOSA CLASE

Hoxe comezamos cos preparativos de Nadal. Fixemos unha postal e cada un escribiu un poema. Aprendimos a facer un acróstico. Ademáis a clase empeza a cambiar... Mirade a quen temos na nosa fiestra!!! Pasámolo xenial traballando, quentiños, con música... Estamos a ver que aprender se facémolo con ganas é moi divertido.





PROTAGONISTAS DA SEMANA

Esta semana os protagonistas foron Norberto e Ángel. Dous compañeiros fantásticos que por sorte forman parte do noso grupo. Así son para nós...

NORBERTO

Norberto é agradable, divertido, intelixente, listo, responsable...



ÁNGEL

Ángel é guapo, divertido, bo compañeiro, feliz, caluroso...





A FOTOSÍNTESE

Aquí están os nosos traballos sobre a fotosíntese. Imos mellorando no traballo en equipo e sendo conscientes que para facer unha exposición oral sobre os mesmos todos e todas temos que traballar moito.






xoves, 6 de decembro de 2018

PROTAGONISTAS DA SEMANA

Aínda que a semana foi curta, tivemos dous protagonistas de excepción: Lucas e Hugo Diéguez.  Dous compañeiros que tamén vale a pena coñecer porque teñen moito que aportar... Así é como os vemos...

Este é o noso compañeiro Lucas:



Este é o noso compañeiro Hugo.




FELIZ PONTE!!!!

Esta semana foi curta pero intensa...deixamos novidades para a volta...os traballos sobre a fotosíntese, o noso sistema solar, novas nos equipos de traballo ( agora to@s temos reaponsabilidades!!! )...
O buzón non para de traballar.. sempre que o abrimos hai mensaxes, privados ou para ler ante toda a clase..
Rematamos asistindo a unha obra de teatro protagonizada polos nosos compañeir@s de sexto de primaria sobre a nosa Constitución, que hoxe cumple 40 anos!!!! Seguimos celebrando a liberdade e a igualdade para tod@s. Feliz paréntese antes de nadal. Vémonos o luns...queda pouco para facer a primeira etapa desta viaxe... Ánimos e forza...e xa sabedes, sempre con ganas e ilusión!!!!

sábado, 1 de decembro de 2018

PROTAGONISTAS DA SEMANA

Esta semana tocoulles a Andrea e a Sebastián ser os protagonistas da semana. Todos e todas falamos das cualidades positivas que teñen para nós e a verdade é que son compañeir@s que merece a pena coñecer...

A nosa compañeira Andrea é....



O noso compañeiro Sebastián é...






luns, 26 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO

O venres pasado fixémonos oir polas rúas de Monterroso xunto ao Instituto, ao colexio de Antas de Ulla, e o concello. O percorrido rematou no centro Lorenzo Varela, onde limos varios manifestos en contra da Violencia de Xénero, escoitamos unha canción que interpretaron unhas rapazas do Instituto e fixemos un taller onde cada un de nós fixo unha chapa que recorda o noso rexeitamento contra a violencia de xénero. Foi un día especial....queremos facernos oir!!!