sábado, 1 de decembro de 2018

PROTAGONISTAS DA SEMANA

Esta semana tocoulles a Andrea e a Sebastián ser os protagonistas da semana. Todos e todas falamos das cualidades positivas que teñen para nós e a verdade é que son compañeir@s que merece a pena coñecer...

A nosa compañeira Andrea é....



O noso compañeiro Sebastián é...






luns, 26 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO

O venres pasado fixémonos oir polas rúas de Monterroso xunto ao Instituto, ao colexio de Antas de Ulla, e o concello. O percorrido rematou no centro Lorenzo Varela, onde limos varios manifestos en contra da Violencia de Xénero, escoitamos unha canción que interpretaron unhas rapazas do Instituto e fixemos un taller onde cada un de nós fixo unha chapa que recorda o noso rexeitamento contra a violencia de xénero. Foi un día especial....queremos facernos oir!!!









venres, 23 de novembro de 2018

PROTAGONISTAS DA SEMANA

A outra protagonista foi Iria...e para nós é.....




Iria é unha nena estudiosa, intelixente, lista, decidida,  amable, cariñosa, responsable... Outra compañeira con moito que ofrecer!!!!!

PROTAGONISTAS DA SEMANA!!!!

As protagonistas desta semana foron dúas nenas con moita forza!!!

DESSI

Dessi é para nós divertida, amable, xoguetona, graciosa, boa amiga, creativa... Se non a coñeces ben....xa sabes!!!!! Está esperándote.


xoves, 22 de novembro de 2018

APRENDENDO NO TALLER DA ULLOA

Onte fumos a aprender ao Taller da Ulloa. Este é un taller prelaboral ubicado no Espazo Cultural Lorenzo Varela, e pertence á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI LUGO).
Neste taller aprendimos a facer papel reciclado, fixemos un lapiceiro e  un caderno de notas.... soupo a pouco... pasounos moi rápido, pero esperamos voltar para que nos ensinen a facer papel de augas.
Fumos andando en dous grupos, e tivemos moita sorte, porque non choveu nadiña...
Agradecemos a Luis, Sofía, Teresa, Ángel, Eitor, Fátima, Vicente, Raúl e Ana, que nos axudaron na nosa labor.... e como non, aos responsables do Taller, Mirta e Javi.
Esperamos voltar!!! Graciñas!!!




























martes, 20 de novembro de 2018

BUZÓN

Recordade que xa temos listo o buzón na entrada de clase!!!!! É outra forma de comunicarnos, entre nós, coa profe... Animádevos a deixar as vosas cartas!!!



A SEÑORA ORTOGRAFÍA

Estes días, fixemos un concurso para elexir á Señora Dona Ortografía. Foi un traballo voluntario, e ademáis de debuxala, tivemos que describila de forma oral aos nos@s compañeir@s. Entre todos os participantes votamos á que nos pareceu máis axeitada e hoxe, despois do reconto de votos, podemos dicir que xa temos gañador. Será a señora a que temos que facerlle moito caso cando escribimos, e estará na clase no rincón da Ortografía, onde imos colocando tódalas normas que ela nos vai ensinando.
Preséntovos á Señora Ortografía!!!

Felicidades, Norberto e gracias a todos e todas os que vos amimástedes a particupar: Dessi, Jessica A., Saúl, Xiana, Lucas, Iria, Antonio, Jessica G., Jessica B. e Uxía.
Aquí podedes ver tódolos debuxos presentados.