venres, 16 de novembro de 2018

LUCAS RECOMENDA UN LIBRO...

El libro que os voy a presentar se titula Detective Conan. Es una novela en forma de cómic dividido en tres historias. Es muy terrorífico y tú te conviertes en protagonista porque debes de adivinar quién es el culpable de cada historia. Sus tres misterios no parecen descubrirse nunca, pero a medida que vas leyendo lo sabrás. Es el primer volumen de una colección y lo podéis encontrar en la Biblioteca Municipal. Espero que lo disfrutéis tanto como yo.

HOYAMA, GOSHO: Detective Conan. Vol.1, Edt. Planeta de Agostini.
Lucas Díaz Ledo


PROTAGONISTA DA SEMANA

A protagonista desta semana foi Sofía. Para nós, Sofía é boa compañeira, graciosa, amable, alegre, cariñosa... Outra amiga con moitas cousas positivas que ofrecer!!!




xoves, 15 de novembro de 2018

KAHOOT LISTO!!!!

DO UNIVERSO Á TERRA

Aquí deixo o enlace para poder practicar o tema de sociais na casa mediante o Kahoot.
A desfrutar aprendendo con quen vós queirades!!!!!!!

KAHOOT: DO UNIVERSO Á TERRA

mércores, 14 de novembro de 2018

Poñendo en práctica o aprendido...

Seguimos practicando o traballo en equipo...neste momentos intentando plasmar o traballado na casa de CC. Naturais nun mural... Aínda o nivel de ruido é alto... Pero cada vez imos chegando antes a acordos... Xa subiremos os resultados cando o expoñamos!!!






luns, 12 de novembro de 2018

O UNIVERSO CON KAHOOT

Hoxe repasamos o tema do Universo co Kahoot que nos preparou Merce...e como en todo concurso houbo gañadores.

Primeira posición para "Los mejores"

Segunda posición para "Los súper"

Terceira posición para "Las jirafas"


Recordade que podedes practicar na casa entrando en KAHOOT . Na parte inferior do blogue tedes a recopilación de videos que vimos na clase para traballar o tema do Universo e a Terra.

Agora só queda practicar e desfrutar aprendendo!!!

venres, 9 de novembro de 2018

MAGOSTO!!!!

Celebrando o magosto con tod@s os compañeir@s do cole....e nós axudando aos pequeniños a pelar as castañas... Estivemos dentro...que facía moito frío!!




PROTAGONISTA DA SEMANA

O protagonista desta semana foi Hugo Mato e para nós é un bo compañeiro, amigo, listo, forte, traballador, amable... Outro amigo que merece a pena descubrir!!!!