mércores, 16 de maio de 2018

PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado xoves, os nenos e nenas de sexto asistimos a un taller ofertado pola ANPA de primeiros auxilios. Resultounos do máis interesante. Gracias!!! E por suposto, gracias a Teresa e Inés por ensinarnos como podemos facer...con tan pouco....MOITO por salvar unha vida.














domingo, 13 de maio de 2018

APRENDENDO NOS TALLERES DE COGAMI

Este mércores acudimos a COGAMI e ensináronnos moitas cousas!!!!!
COGAMI é a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, e aquí, en Monterroso teñen talleres tódalas tardes.
Son uns artistas e traballan soamente con papel e cartón. Cada un de nós axudamos nas diferentes fases para elaborar libretiñas e papel reciclado.
Gracias a todas e todos, chicos e chicas...a vós e aos vosos monitores/as e preparadores/as. Estivemos moi cómodos e aprendimos moito.

Dividímonos en dous grupos. Antes do recreo estivemos o primeiro grupo..














Despois do recreo, o segundo grupo...











TEATRO NA ESCOLA

Esta semana estivo cargadiña de actividades moi interesantes!!!!! O luns disfrutamos con Galeteatro da obra Contos no Faiado, adaptación dun libro de María Victoria Moreno, escritora á que se lle rinde homenaxe o dia das Letras Galegas deste ano. Gustounos moito, e ata o noso compañeiro Roi saiu ao escenario!!!!





venres, 27 de abril de 2018

Creando historias con Ana Meilán

Canto gozamos coa maxia das palabras...
Graciñas Ana, non só por facernos xogar a crear historias...
senón por facernos vibrar e sentir coas túas.









xoves, 26 de abril de 2018

Maxia no cole!!!!!

O Mago Rafa acaba de abraiarnos coa súa maxia...e tivo axudantes moi especiais, como o noso compañeiro Iker !!!!

luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Hoxe é 23 de abril, e que mellor forma de celebrar este día...que lendo!!!! O día maravilloso e como fondo o canto dos paxaros....

Feliz Día do Libro!!!







Ademais, algún de nós trouxemos o libro que nos contaban cando eramos pequenos/as e falamos sobre eles...





martes, 17 de abril de 2018